PASOS A SEGUIR PARA O CAMBIO DE NUMERACIÓN:

  1. Coñecer cal é o NOVO NÚMERO asignado ó seu domicilio, o cal pode comprobar polas seguintes canles:
    • No Rexistro Xeral do Concello de Ribadeo (o horario de atención será de 10:00 a 13:00 horas).
    • Nesta mesma páxina web.
  2. Debe ACTUALIZAR A NOVA DIRECCIÓN NO PADRÓN MUNICIPAL nas oficinas do Rexistro Xeral do Concello de Ribadeo ou ben cumprimentando a solicitude que se atopa máis abaixo e achegándola pola Sede Electrónica do Concello.
  3. TRÁFICO (A efectos do domicilio do carnet de conducir, permiso de circulación e do imposto de circulación). Este trámite pode facelo no departamento de intervención do propio concello. Tan só ten que cubrir unha solicitude e aportar documentación do vehículo e volante/certificado de empadroamento.
  4. Os datos de CATASTRO actualizaranse automaticamente dende o Concello a partir do mes de xullo.
  5. ACTUALIZAR VOSTEDE MESMO as dirección de aqueles ORGANISMOS / EMPRESAS  dos cales pode recibir correspondencia:
    • FACENDA (A efectos sobre todo da Declaracion da Renda, etc.)
    • SEGURIDADE SOCIAL (A efectos de pensións, certificados, etc.)
    • SERGAS (no seu centro de sáude ou hospital de referencia). A efectos de prestacións sanitarias, medicinas, tarxeta sanitaria, etc.
    • ORGANISMOS DE PENSIÓNS NO EXTRANXEIRO (Francia, Suiza…)
    • SUBMINISTROS (Auga, Luz, Telefonía, etc.)
    • DNI/PASAPORTE.
    • BANCOS OU CAIXAS DE AFORROS, COMPAÑIAS DE SEGUROS.
    • E calquera outro organismo ou empresa que lle envie correspondencia.

Se precisa un certificado de cambio de numeración da vivenda é necesario aportar a referencia catastral da mesma no caso de que a vivenda este situada en núcleo rural e cubrir a solicitude correspondente ben nas oficinas de Rexistro do Concello ou ben descargándola do seguinte enlace e achegándola na Sede Electrónica do Concello de Ribadeo..