Padrón Municipal do Concello de Ribadeo

O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde consta a veciñanza dun municipio. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual nel. As certificacións que dos devanditos datos se expidan terán carácter de documento público e fidedigno para todos os efectos administrativos.

Toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no Padrón do municipio no que resida habitualmente. Quen viva en varios municipios deberase inscribir unicamente no que habite durante máis tempo ao ano.

O Regulamento de Poboación e Demarcación territorial establece que os Concellos manterán actualizadas a nomenclatura e rotulación das vías públicas e a numeración dos edificios, informando de todo iso a todas as Administracións públicas interesadas.

Por outra banda o Servizo Estatal de Correos ten establecida unha práctica institucional coa que calquera carta ou envío que adoeza dunha correcta dirección postal tanto en número como en nome de rúa ou lugar  é devolta, o que leva provocando dende hai varios anos moitos problemas aos veciñ@s principalmente residentes nas parroquias deste Concello.

Por todo o anterior elaborouse  un proxecto de renumeración de inmobles e planimetría do termo municipal adaptada ao Plan Xeral de Ordenacion Municipal aprobado a finais de 2014, que agora se fai público para  coñecemento de tod@s @s veciñ@s e para realizar por parte dos mesmos as modificacións que procedan no Padrón municipal de Habitantes.